MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACI?N A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

4.2.2 O consumo dos medios de comunicación polo público feminino

Na Televisión, a porcentaxe de audiencia masculina e feminina no amosa grandes diferenzas. Para a os galegos de ámbolos sexos, a canle con maior audiencia é Tele 5, seguidos de Antena 3 e Tve1, a TVG ocupa o cuarto lugar (gráfico 4.4). As principais diferenzas atopámolas na audiencia de Tve1 onde o consumo feminino é dun 4,2% superior ao masculino, así como en La 2 en sentido inverso rozando un 2% a favor dos homes. Por último, no que respecta á audiencia do medio televisivo, cabe destacar un porcentaxe lixeiramente superior de homes que ven canles temáticas fronte as mulleres, que pódese deber a presenza de contidos de pago, especialmente relacionados co fútbol no sistema de pago por visión (Pay Per View).

Nos Diarios, o 42% das mulleres leen algún xornal ao día, o 38,5% leen xornais de pago e o 5,7% son gratuítos. Polo tipo de información o 41,3% das galegas consumen diarios de información xeral, e tan só o 3,2% das mulleres ollan algún xornal de temática deportiva. Se analizamos a audiencia por medios, obtemos o gráfico 4.5, no que observamos con claridade coma La Voz de Galicia e o xornal con máis audiencia entre as mulleres (21,3%), seguido polo Faro de Vigo (9,8%) e no terceiro lugar o primeiro diario dos gratuítos, o Qué (5%). A principal diferenza cos homes, atópanse, por unha banda no porcentaxe de total de lectores diarios, hai un 20% máis de homes ca mulleres e, por outra banda, no segmento dos diarios deportivos que son lidos por un 20,6% dos homes. No tocante o ranking de audiencia nos diarios, La Voz de Galicia tamén é o xornal máis lido entre os homes (33%), pero no segundo lugar aparece o diario deportivo Marca (16,4%).

No Suplementos, como xa dixemos, é maior a audiencia feminina fronte a masculina, as publicacións con maior porcentaxe de audiencia feminina son El Semanal (20,8%) e Mujer de Hoy con 18,3%. A diferenza cos homes atopámola no segundo medio con maior audiencia masculina que se trata de El Semanal TV, xa que Mujer de Hoy ten orientados os seus contidos ao público feminino (gráfico 4.6).

Nas Revistas, como xa comentamos, no punto anterior, é un dos medios de comunicación no que a audiencia é maioritariamente feminina. Neste medio analizamos, tamén, a audiencia en función da periodicidade das publicacións (gráfico 4.7). A principal diferenza entre a audiencia de homes e mulleres atopámola nas revistas semanais, onde a audiencia feminina case duplica a masculina, 31,1% e 16,5% respectivamente. Isto pode deberse a que entre as publicacións semanais abundan as de contido do corazón orientadas principalmente ao público feminino. Nas revistas quincenais e mensuais a audiencia está más parella, e o tipo de revistas con maior audiencia son as de periodicidade mensual.

De entre as revistas semanais, as de maior audiencia feminina son Pronto (14,6%), Hola (11,8%) e Qué me dices (8,3%), no que respecta aos homes a revista semanal con máis audiencia é Internviú (4,2%), Pronto (3,8%) e Qué me dices (2,7%). Resulta chamativo que nos homes as revista da prensa rosa ocupen o segundo e terceiro lugar no seu ranking particular a pouco da revista Internviú orientada a priori a unha audiencia masculina (gráfico 4.8).

Nas revistas quincenais, diferenciase claramente a audiencia polos contidos orientado a un ou outro sexo. Nas mulleres teñen máis audiencia Bravo por ti (2,7%) e Super pop (2,5%), de contido adolescente feminino, e entre os homes destaca Computer Hoy (2,6%) de contido informático (gráfico 4.9).

Polo que atiñe as revistas de periodicidade mensual (gráfico 4.10), é o grupo cunha oferta máis ampla e heteroxénea. Nas mulleres as revistas con maior porcentaxe de audiencia son: Revista R (6,2%), Muy Interesante (5,7%) e El Mueble (5,3%). Nos homes a revista con maior porcentaxe de audiencia é Muy Interesante (8%) seguido das dúas revistas das plataformas de televisión dixital, a Revista R (7,1%) e Digital + (6,9%).

Na Radio, as mulleres case que escoitan por igual emisoras de contidos xeralistas coma temáticos, o 26,5% e o 25,2% respectivamente. Nos homes predomina a preferencia polas emisores de contidos xeralistas, que son escoitadas polo 40,3% dos homes, fronte o 25,8% de varóns que escoitan emisoras de contidos temáticos. Se analizamos a audiencia por emisoras obtemos o gráfico 4.11. As emisoras con maior audiencia son a Cadena Ser e Cadena 40 tanto en homes coma en mulleres. Cabe salientar que a audiencia feminina supera a masculina no caso da Cadena 40 Principales, un 10,3% das mulleres fronte a un 8,6% dos homes (gráfico 4.12).

Nos hábitos da asistencia ao cine o 62,6% das mulleres non van ao cine, e un 12,1% van menos de 5 veces ao ano; polo que nos queda que o 25,3% das mulleres asisten regularmente á proxección dalgún filme cinematográfico. De entre ás que asisten a maior frecuencia é dunha vez o mes, o 8,8% das mulleres. A diferenza cos homes é dun 4,3% a favor dos varóns no que se refire á asistencia algunha vez o cine.

No tocante á informática e internet o 35,2% das galegas saben manexar o ordenador, aínda que só o 20,1% o fai de xeito habitual, o 15,1% restante tan só o fan de xeito ocasional. No que respecta á frecuencia de uso o 13,6% declaran habelo empregado no día de onte e o 25,9% das mulleres durante o último mes. Se establecemos unha comparación cos hábitos dos homes, o 42,1% saben manexar o ordenador e un 29,1% fano de xeito habitual e un 20,3% dos varóns empregaron o ordenador no día de onte (gráfico 4.14).