MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACI?N A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

2.2.1.1 Algunhas características do estudo

Trala referencia cuantitativa de cántas mulleres aparecen, o seguinte paso é inquirirnos por ónde aparecen, isto é, a dimensión cualitativa da noticia.

A parcelación da información non é aleatoria: non se lle dá a mesma importancia a unha noticia que aparece en Política que a unha que se publica en Sociedade, Cultura e por suposto nos espazos denominados Xente. Os medios presentan a súa visión e interpretación da realidade a traveso de espazos xerarquizados, que indican qué se debe considerar significativo e qué resulta insignificante. Tamén os acontecementos e as informacións que se constrúen con eles se clasifican: hai noticias duras e brandas, importantes e interesantes, que en definitiva queren dicir que da mesma maneira hai historias das que todos os medios deben facerse eco e outras que poden ou non publicarse ou trasladarse a seccións irrelevante.

Polo xeral, os medios continúan reforzando os estereotipos, xa que unha terceira parte das mulleres que aparecen na sección Xente e de Cultura, como famosas ou destacando no campo da moda, do entretemento, do arte e da cultura, outra terceira parte das mulleres amósanse como protagonistas de sucesos, na sección de Sociedade, aparecendo vinculadas a temas de violencia, en desastres e accidentes. Sería interesante reflexionar sobre a posible relación entre esta dúas imaxes estereotipadas de mulleres, en qué medida se reforzan e se retroalimentan estes aspectos, o de muller superficial banalizada, á que se exhibe e se amosa máis cerca do obxecto que da persoa, á que de algunha forma de priva da súa dignidade; e o seu correlato, en aquelas ás que se presentan como vulnerables, incapaces, e polo tanto susceptibles de ser vítimas ou vitimizadas.

Sendo certa que estes "clichés" continúa vixente, hai outra terceira parte na que nos atopamos con novos modelos de protagonismo feminino. A presenza e interacción das mulleres repártense nun 13%, as que se adican á política, seguidas polas que aparecen no ámbito da saúde, da ciencia, a ecoloxía, co 9%; en temas de vivenda, consumo, pobreza, atopamos un 8% de mulleres; e con un el 7% de representación aparecen as mulleres nos campos do desenvolvemento, a educación, as relacións familiares e a sustentabilidade. Excepto l política, as restantes soen ser cuestións que ocupan as seccións de Sociedade e que polo xeral teñen unha consideración xornalística de temas brandos, e curiosamente tamén soen ter neles un protagonismo maior as mulleres xornalistas.

Outra das prácticas habituais do xornalismo é identificar donas, ben sen apelido, ben sen indicar cál é a súa posición ou cargo. O estudo Monitoreo-2005 amosa que 4 de cada 10 mulleres (38,56%) no se lle asigna ocupación ou cargo específico, mentres que os homes nesa mesma situación só son 1 de cada 10 (12%). Tamén forma parte das rutinas xornalísticas identificas ás mulleres en función das súas relacións familiares, unha característica que se atopa no 14% das mencións, mentres que só o 3% dos homes se identifican segundo o seu rol familiar.

Respecto á cuestión en qué función aparecen as mulleres nas noticias, 16 de cada 100 non teñen un papel destacado, isto é, non son protagonistas nin son portavoces, no relatan a súa experiencia nin dan o seu testemuño. Pola contar só un de cada 100 homes preséntase nunha tesitura de indefinición. Un dato inquietante a engadir. Só un 2% dos expertos requiridos por los medios son mulleres.

Finalmente, sinalamos que as noticias non atopan a maneira de falas da actualidade dende unha perspectiva de xénero, ni atopan interesantes as actividades que acomete o colectivo feminino, xa que das 218 noticias analizadas, só 27 outorgaban o protagonismo absoluto ás mulleres. No obstante Elvira Altés tamén xunto con este dato apuntaba que sen dúbida había neste panorama elementos para a esperanza dado que segundo a súa experiencia e datos, as mulleres xornalistas adican un 30% do seu traballo a elaborar noticias sobre temas de xénero, mentres que os seus colegas varóns só adican a estas temáticas un 18%.