MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACI?N A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

1.4 Obxectivos particulares do estudo

Seguindo a liña de actuación que detallamos, concretamos en catro os aspectos particulares a acadar:

1.- Amosa-las diverxencias e disparidades que existen entre a feminización da sociedade e a súa aínda limitada presenza nos medios de comunicación. A traveso deste obxectivo insistirase en tres aspectos:

- rol feminino nos medios dominantes na sociedade galega.

- a influencia crecente da muller nos eidos de decisión social.

- reflexo da realidade feminina nos medios.

2.- Caracteriza-lo comportamento das mulleres como consumidoras de medios, a súa dinámica e comportamento como público obxectivo.

3.- Conseguir un exemplo da representación de xénero e o papel da muller nos medios de comunicación galegos a traveso dun exercicio sincrónico que permita senta-las bases para configurar un mapa da representación de xénero en Galicia.

As anteriores seccións permitirán analizar unha cuestión cuxa profundización é moi difícil cando non se dispón de instrumentos analíticos como os que propoñemos nas liñas anteriores.