MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

6 CONCLUSIÓNS

Os medios de comunicación convertéronse nun instrumento capaz de propoñer modelos de comportamento e de influír nos procesos de identificación dos individuos. Polo tanto, faise preciso, para unha sociedade como a galega, coñecer a relación e a representación que fan os medios de comunicación dos individuos segundo o seu sexo.

A capacidade de influencia dos medios de comunicación é notoria e aínda que cada vez hai máis axentes implicados en amosar situacións de avance con respecto á igualdade de xénero.

Os medios de comunicación, tradicionalmente, veñen representando á muller nuns roles e estereotipos que están circunscritos ao ámbito familiar e doméstico ou da beleza, situación que non favorece a igualdade de xénero.

No estudo da relación mulleres e medios de comunicación existe diversas iniciativas tanto a nivel internacional, coma nacional, coma rexional. Proxectos coma o Monitoreo Global de Medios ou as iniciativas emanadas do Observatorio Galego dos Medios en coordinación con outros organismos e estamentos, contribúen a fomentar o coñecemento sobre esta problemática e a facilitar recomendacións e pautas para evitar a invisibilización das mulleres nos medios de comunicación.

A representación de xénero a través da audiencia dos medios de comunicación amósanos que como consumidores de medios os homes e as mulleres teñen comportamentos diferenciais. Atendendo a variable sexo, os medios cunha maior audiencia feminina fronte a masculina son a televisión, as revistas e os suplementos; pola contra na radio, nos diarios, en internet e no cine o porcentaxe de audiencia masculina é superior a feminina.

O estudo de caso efectuado no contexto deste estudo a través do baleirado de 10 días de prensa sobre o diario La Voz de Galicia conclúe que as mulleres aparecen coma protagonistas de noticias na sección de sucesos, onde ten especial importancia as referidas á violencia de xénero.

En definitiva, parece evidente a necesidade de seguir afondando no estudo da relación muller e medios de comunicación coma elemento de vertebración social no camiño cara a igualdade de xénero, xa que logo, os medios de comunicación son capaces de influír no comportamento dos individuos a través dos estereotipos que transmiten.