MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

1.2 Importancia do estudo para a realidade galega

Dende a nosa proposta apostamos por un estudo cunhas características básicas e estruturais semellante ó Proyecto de Monitoreo Global de los Medios (2005). Unha realización que permita construír un conxunto de indicadores que ofrezan unha imaxe veraz sobre a relación das mulleres cos medios de comunicación, uns apoios interpretativos para valora-la súa presenza cualitativa e cuantitativamente. Coidamos que esta investigación aplicada ó caso galego ofrecerá ós medios gobernamentais non só información relevante sobre o perfil das mulleres nos principais medios de comunicación, senón que ademais trátase dunha investigación que permitirá efectuar comparacións co conxunto español e cun contexto internacional.

Adicionalmente, como amosan os precedentes consultados, trataríase dun estudo cuxa metodoloxía está inspirada en proxectos de máxima actualidade e notoriedade internacional. O feito de contar con experiencias previas de éxito en outros ámbitos sempre é un estímulo adicional para que un proxecto conte co financiamento precisa para que sexa executado.